A empresa Galuriña gana o premio á excelencia na actividade acuícola do Ministerio de Pesca

A empresaria María del Carmen Sánchez Sánchez, fundadora da empresa Galuriña en Esteiro (Muros), acaba de ser recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación como un exemplo de muller cooperativista que contribuíron ao fortalecemento da autonomía do sector, ademais de constituír un referente para a sociedade e o resto de xeracións. A muradá foi distinguida co segundo premio na categoría de excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola, pola súa proposta de elaborar produtos de panadería enriquecidos con macerados de algas propias.

O premio, dotado cunha contía económica de 12.000 euros, será entregado en Madrid nun acto que terá lugar o próximo 15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais. «Esta iniciativa reforza o compromiso do ministerio coa igualdade de xénero, o acceso dos mozos á actividade agraria e a diversificación económica como ferramenta para frear o despoboamento rural», sinalaron desde o Goberno central.

Fonte: La Voz de Galicia

A empresa Galuriña gana o premio á excelencia na actividade acuícola do Ministerio de Pesca

gl_ESGL_ES