O Centro de Cultivo Mariños do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), en Ribadeo, prepara a entrega de novos lotes de semente para as vindeiras semanas. Así o confirmou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, que realizou a súa primeira visita a estas instalacións desde a súa chegada a este departamento. Acompañada polo director do CIMA, Carlos Gabín, e a responsable da planta, Justa Ojea, percorreu o centro onde puido coñecer de preto o traballo que se vén realizando así como analizar futuras actuacións.
As previsións son que nas vindeiras semanas sexa entregado un lote de 100.000 unidades de ameixa babosa para o seu preengorde nas instalacións da confraría da Illa de Arousa. Tamén está prevista outra entrega de 117.000 unidades de ostra plana no marco do proxecto Ostreares. Unha iniciativa enmarcada na rede de colaboración entre os centros de investigación mariña autonómicos e o sector pesqueiro, Redemar, que ten como obxectivo a restauración de los bancos naturais de ostra plana en la enseada de San Simón, na ría de Vigo, e na que colabora a Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.
Fonte: Consellería do Mar