Stolt Sea Farm desembarca en Rianxo, onde centralizará o envasado do peixe que cría en todas as súas granxas repartidas por Europa

Stolt Sea Farm desembarca en Rianxo. As obras de construción da súa nova planta en Rianxo comezaron hoxe oficialmente cun acto simbólico de colocación da primeira pedra, aínda que a maquinaria xa está a traballar na extensa parcela a pleno rendemento. A empresa, líder no sector da acuicultura terrestre en rodaballo e linguado, elixiu o polígono industrial de Té para centralizar alí o corte e envasado do peixe que cría nas granxas que ten repartidas por Europa. Son un total de catorce (con presenza en Francia, Islandia ou Noruega), sete delas situadas en Galicia.

O presidente da compaña, Jordi Trias, celebrou en lingua galega «o inicio deste proxecto tan emocionante». «Hoxe damos un paso adiante no que representa o compromiso da nosa empresa coa innovación, a calidade e o respecto polo entorno. O noso novo centro de adecuación á primeira venda en Rianxo será unha instalación de última xeración» onde se procederá ao envasado de produtos «da máis alta calidade e sustentabilidade», destacou. «O noso propósito é asegurar que as xeracións futuras sigan a desfrutar de pescados excepcionais», engadiu.

Fonte: La Voz de Galicia

Stolt Sea Farm desembarca en Rianxo, onde centralizará o envasado do peixe que cría en todas as súas granxas repartidas por Europa

gl_ESGL_ES