A conselleira do Mar, Marta Villaverde, pon en valor a aposta do Grupo Pereira pola diversificación do seus produtos, o que lle permite expandir as súas operacións pesqueiras a varios continentes. Así o indicou este mércores logo da visita institucional realizada a esta factoría que, en 2024, realizou importantes melloras na planta do porto pesqueiro de Vigo como a ampliación das líneas de termoformado, dixitalización da área de producción e instalación fotovoltaica, cunha inversión cifrada en 1 millón de euros.
A máxima responsable da Consellería puxo en valor o seu carácter social e empresarial dentro dunha cadea produtiva que achega preto do 5 % ao Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade autónoma; ratificando así o liderado de Galicia no eido da exportación. Esta entidade empresarial acumula un volume de facturación de 185.000.000 euros por 45.000 toneladas vendidas, o que a sitúa na listaxe das dez primeiras empresas do sector pesqueiro en España. Dispón de máis de 1.250 empregados e o volume exportador ascende a 76.000.000 euros.
Fonte: Consellería do Mar
