Villaverde aposta pola industria transformadora do mar aumentando ata os 17 M€ o orzamento do 2026

A Consellería do Mar destinará 17 millóns de euros no 2026 ao impulso da industria transformadora do sector marítimo-pesqueiro, un 5% máis que no 2025.

A conselleira, Marta Villaverde, adiantou este dato na visita que realizou este xoves ao centro frigorífico conserveiro que o Grupo Profand ten en Vilagarcía de Arousa, onde destacou que o obxectivo deste importante apoio “é consolidar Galicia como referente internacional neste sector”.

Deste xeito, Villaverde deu continuidade á rolda de contactos que está a levar cabo cos distintos axentes do tecido empresarial vinculado ao mar, co fin de tecer alianzas en prol do seu desenvolvemento e de aumentar a súa competividade. No mes de setembro, tamén coñeceu as instalacións que a pesqueira ten na localidade pontevedresa de Meira, onde coñeceu, de primeira man a actividade de Octolarvae, a filial de I+D+I dedicada á investigación do cultivo larvario de diferentes especies de interese pesqueiro e a acuicultura.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES