Tras o segundo negativo nas analíticas realizadas en augas dos bancos marisqueiros de Noia, a confraría dá por superado un novo episodio de toxina e os traballadores volverán faenar esta semana, de luns a xoves. O horario de traballo fixado para a primeira xornada será de 10.15 ata as 14.45 horas, e tanto o luns como o martes se estableceu un prazo de trinta minutos para que poidan entrar antes ao mar.
As cotas fixadas para esta semana polos responsables do depósito noiés serán de seis quilos de berberecho, cinco de japónica, tres de babosa e un de fina. Desde o sector agardan que non se produzan novos paróns pola presenza de toxina, posto que xa van dúas desde que comezou a campaña no mes de outubro, un revés ao que se une que cada vez hai menos marisco nos bancos.
Fonte: La Voz de Galicia
Os mariscadores de Noia regresarán ás praias tras remitir a toxina
