Villaverde aborda con representantes de CCOO do sector do mar as necesidades de formación dos traballadores

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, recibiu este martes a representantes de Comisións Obreiras do sector do mar para analizar as necesidades de formación dos profesionais ligados a este eido.

A responsable autonómica subliñou a importancia de colaborar con todos os axentes sociais e co propio sector para mellorar a vida da xente do mar, aumentar a competitividade e garantir a remuda xeneracional. Cabe destacar que, este ano, concedéronse 129 axudas para a modernización e calidade de vida a bordo dos buques por valor de case 8 millóns de euros, superior ao total do concedido durante a vixencia do anterior Fondo Europeo Marítimo e Pesca (Femp) 2014-2020.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES