Villaverde cualifica de “nada satisfactorio” os TAC e cotas acordados en Bruxelas e alerta do impacto socioeconómico para a frota galega

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, fixo hoxe unha primeira valoración do resultado final das negociacións europeas de TAC e cotas para 2026, que concluíron de madrugada en Bruxelas, advertindo de que os recortes aprobados “son datos nada satisfactorios para Galicia e supoñen un novo golpe para unha parte importante da nosa frota”.

Villaverde explicou que as cifras dos documentos definitivos están sendo analizadas en profundidade polo equipo técnico da Consellería para avaliar con precisión o seu impacto sobre os diferentes segmentos da frota galega. “Temos que sentarnos, ver ben os números e comprobar se hai algún mecanismo que poidamos activar desde Galicia para incrementar as posibilidades de pesca e aliviar os efectos destes recortes”, sinalou.

Fonte: Consellería do Mar

Villaverde cualifica de “nada satisfactorio” os TAC e cotas acordados en Bruxelas e alerta do impacto socioeconómico para a frota galega – Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES