Dos 6,2 millóns iniciais do 2025, Galicia sobe a 6,4 os que ofrece este ano para mellorar a seguridade e as condicións de vida e de traballo a bordo da súa flota pesqueira. Son iniciais porque o pasado setembro multiplicou dous das partidas destas axudas, ata 5,98 millóns, porque os 1,79 que consignara ao principio «non foron suficientes para atender as solicitudes que cumpren cos requisitos».
Cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e nun 30 % pola Xunta, estes investimentos pretenden «impulsar unha frota máis segura, eficiente e competitiva», explica a Consellería do Mar. O Goberno galego prevé aprobar este luns a inxección de 6,4 millóns, que poderán empezar a pedirse en canto se publiquen no Diario Oficial de Galicia.
Fonte: La Voz de Galicia
Galicia ofrece 6,4 millóns para mellorar a seguridade, o traballo e a vida nos pesqueiros
