A conselleira do Mar, Marta Villaverde, abordou con Qualigy Solutions Innovation as diferentes liñas de colaboración impulsadas polo seu departamento para fomentar a innovación, a dixitalización e a sustentabilidade na actividade pesqueira.
É o caso do proxecto Xesmar, plataforma tecnolóxica para a súa implantación en todas as confrarías de Galicia, grazas ao financiamento da Consellería do Mar, a través do Fempa. Esta aplicación dixital simplifica a xestión e a organización do traballo do sector; fomenta a formación dos traballadores; e potencia a conexión e integración. Ademais, conta co recoñecemento de dous dos galardóns máis destacados que outorga o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación na materia: Premio Excelencia da Innovación para Mujeres Rurais e Mellor Proxecto na categoría Construíndo Capital Social, en Bruxelas.
Fonte: Consellería do Mar
