A Consellería do Mar, tras a reunión da Comisión do Mexillón celebrada a tarde do 21 de xaneiro e na que participou a titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, acordou estudar novas medidas dirixidas a mellorar a captación de fazula e que axuden a garantir a campaña para todos os bateeiros.
Villaverde, que estivo acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e a directora de Intecmar, Covadonga Salgado, destacou a importancia do diálogo permanente e de chegar a consensos, coa intención de garantir a sustentabilidade deste recurso tan importante en Galicia. O obxectivo é que o sector miticultor, que conta con preto de 3.600 bateas distribuídas por todo o litoral galego, poida abastecerse coa cantidade suficiente para que a campaña sexa o máis positiva e produtiva posible.
Fonte: Consellería do Mar
