Villaverde aborda con Anfaco-Cytma novas accións que poñan en valor a calidade e seguridade das conservas e o impulso dun consumo informado e responsable

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, recibiu á xunta directiva da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Produtos Transformados de Peixes e Mariscos-Centro Nacional de Coñecemento e Tecnoloxía para a Industria Mariña, Acuícola e Alimentaria (Anfaco-Cytma) en aras de emprender accións conxuntas que contribúan a poñer en valor a calidade, seguridade e prestixio das conservas de peixe.

A este respecto, e co fin de garantir a confianza nos produtos do mar e de apoiar a cadea mar-industria, tamén profundaron na importancia de promover un consumo informado e responsable, baseado en datos científicos e nos beneficios nutricionais que conleva o consumo de peixe e das conservas, tendo en conta, ademais, que a rastrexabilidade e o autocontrol implantados pola industria galega cumpre estritamente coa normativa europea en materia de seguridade alimentaria.

FONTE: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES