PR937A – Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega.

Prazo: Ata o 30 de setembro de 2026

Descrición:
Estas subvencións teñen por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas, apoiando economicamente o seu establecemento como traballadoras autónomas ou por conta propia na Comunidade Autónoma de Galicia.

O procedemento é de concorrencia non competitiva, polo que as axudas se conceden por orde de chegada, sempre que haxa crédito e se cumpran os requisitos.
As axudas están suxeitas ao réxime de minimis da UE.

Beneficiarios:
Poderán acollerse á axuda as persoas que, residindo no estranxeiro, se establezan en Galicia e sexan:

  1. Persoas galegas nacidas en Galicia.
  2. Cónxuxes, persoas con unión análoga á conxugal e descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Fican excluídos os autónomos colaboradores.

Requisitos principais:
As persoas solicitantes deberán cumprir, entre outros:

  • Non incorrer en prohibicións da Lei 9/2007 de subvencións.
  • Ter nacionalidade española antes do retorno.
  • Ter residido no estranxeiro e retornar a partir do 1 de xaneiro de 2024.
  • Estar de alta no RETA ou sistema equivalente antes da solicitude.
  • Estar empadroadas e residir en Galicia.
  • Exercer a actividade empresarial ou profesional en Galicia (acreditado mediante IAE ou censo AEAT).
  • Ter domicilio fiscal en Galicia.
  • Non ter sido beneficiaria da mesma axuda en convocatorias anteriores.
  • Ser usuaria da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.

Orzamento:
Para as subvencións de 2026 establécese un crédito inicial de: 1.028.000 €

Este importe poderá ser ampliado se existise maior dispoñibilidade orzamentaria.

Características da axuda:

  • Contía base: 6.000 € por solicitante
  • Incrementos adicionais acumulables.
    • + 1.000 € no caso de que a persoa solicitante sexa muller.
    • +3.000 € se o centro de traballo ou domicilio discal se atopa nun concello rural (case todos os concellos excepto os grandes urbanos listados na resolución. )
  • Importe máximo posible: 10.000 €

Outros aspectos relevantes

  • Só se admite unha solicitude por persoa.
  • É compatible con outras axudas para o mesmo concepto
  • O procedemento tramítase por vía electrónica obrigatoria.

Xustificación e pagamento:

  • O pagamento da subvención realízase nun único abono, xunto coa resolución de concesión.
  • Dado que se trata dunha axuda baseada na situación da persoa beneficiaria, non se require a presentación dunha xustificación de gastos tradicional:
    • Abonda con acreditar documentalmente que se cumpren todos os requisitos previos establecidos (alta no RETA, retorno, plan de negocio, residencia, etc.).
    • A Secretaría Xeral da Emigración poderá realizar comprobacións previas ao pagamento para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.
    • Non se poderá efectuar o pagamento se a persoa solicitante non está ao día coas obrigas tributarias estatais e autonómicas nin coa Seguridade Social.
    • Tras o cobro, a persoa beneficiaria deberá manter a alta como autónoma durante 18 meses, conforme ás obrigas incluídas na resolución, podendo realizarse comprobacións posteriores.

Ligazón: ORDE do 4 de febreiro de 2026

gl_ESGL_ES