TR353D – Bono remuda das persoas traballadoras autónomas.

Prazo: Ata o 30 de setembro de 2026, ás 20:00 h

Descrición:

Esta axuda ten como finalidade evitar o peche de negocios viables por falta de relevo xeracional, facilitando que novas persoas emprendedoras asuman un negocio xa en funcionamento mediante o seu traspaso, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios:

  • Persoas traballadoras autónomas.
  • Persoas profesionais dadas de alta no RETA, noutros réximes especiais por conta propia ou en mutualidades.
  • Sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia.

Requisitos principais:

  • O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social, fiscal e centro de traballo en Galicia.
  • A actividade debe manterse tras o traspaso.
  • O negocio deberá estar inscrito na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, agás excepcións previstas na orde.
  • O relevo debe realizarse dentro dos prazos establecidos na convocatoria.

Orzamento: A axuda está incluída nos programas de apoio ás persoas traballadoras autónomas da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria 2026, segundo o crédito dispoñible para o Bono Remuda (TR353D)

Características da axuda:

  • Subvención a fondo perdido.
  • Concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes.
  • Axuda vinculada ao traspaso efectivo do negocio.
  • Inclúe dúas liñas:
    • Bono remuda rural, para negocios en concellos de menos de 10.000 habitantes.
    • Bono remuda xeral, para o resto dos concellos

Xustificación e pagamento:

  • A xustificación realizarase acreditando o traspaso do negocio e o inicio da actividade pola persoa remudista, conforme ao establecido na orde reguladora.
  • O pagamento efectuarase tras a comprobación do cumprimento dos requisitos e da correcta xustificación da axuda

Ligazón: ORDE DO 4 DE FEBREIRO

gl_ESGL_ES