No novo texto, a Consellería do Mar introduce facilidades para atraer máis mozos e profesionais foráneos flexibilizando a idade requirida para matricularse nos cursos, eliminando o requisito de ter 16 anos para aquelas persoas que queiran acceder á formación de mariñeiro pescador —que ademais se reduce das 50 ás 23 horas— e de ter 18 anos para quen desexe acceder ás formacións de patrón local de pesca (250 horas) e patrón costeiro polivalente (600 horas). Nos tres casos, cumprir ditas idades non será necesario para inscribirse nos cursos, só para presentarse aos exames, o que permitirá aos menores anticiparse e cursar antes todos os módulos para despois avaliarse.
As matriculacións abriranse a calquera persoa que presente unha copia do pasaporte —sen a necesidade de dispoñer de DNI ou NIE— e acabarase tamén coa barreira que ata o de agora supoñía o feito de ter que acreditar unha formación mínima para entrar no curso de mariñeiro pescador, por medio de distintos certificados como o de nivel 1 de ensinos básicos.
Fonte: Faro de Vigo
Mar simplifica o acceso á formación pesqueira para atraer a máis novas e estranxeiros
