Marta Villaverde confirma na ARVI o apoio da Xunta ao VII Vigo Seafest 2026

A Consellería do Mar colaborará novamente no VII Vigo Seafest 2026, que converterá á cidade olívica, desde o 9 ao 12 de xullo , nun escaparate internacional da calidade dos produtos pesqueiros de Galicia. A responsable deste departamento, Marta Villaverde, así o destacou na reunión que mantivo este xoves cos promotores da iniciativa, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto vigués (ARVI), demostrando con elo o apoio constante da Xunta con todas aquelas iniciativas que teñan un impacto directo no impulso do sector marítimo-pesqueiro.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES