A Xunta e o sector sentan as bases do Plan experimental de xestión do polbo para a campaña 2026/27

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo un encontro cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e das federacións provinciais para abordar o deseño do plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) para a campaña 2026/27. A reunión enmárcase no marco do modelo de cogobernanza que preside a política pesqueira da Comunidade, baseado no diálogo permanente e na toma de decisións compartida entre a Administración autonómica e o propio sector.

Este primeiro encontro serviu para sentar as bases do novo plan de xestión para a próxima campaña, abrindo un proceso de traballo conxunto que permitirá analizar os resultados das medidas adoptadas, avaliar a súa eficacia e avanzar na definición das condicións máis acomodadas para compatibilizar a conservación do polbo coa viabilidade económica da frota que depende deste recurso. Tamén se realizou unha valoración da presente campaña xunto coas medidas adoptadas, considerando satisfactorio o seu resultado.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES