Portos de Galicia e Asnauga avalían os proxectos de mellora das dársenas deportivas para este ano

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo o 6 de marzo unha reunión co presidente da Asociación de Náuticos de Galicia (ASNAUGA), Javier Ruíz de Cortázar, na sede do ente público en Santiago. Durante o encontro, ambas as partes fixeron un repaso de todas as propostas de mellora das instalacións náutico recreativas autonómicas para este ano.

Entre os temas tratados na reunión, Asnauga presentou as propostas que impulsan os clubs náuticos como xestores das infraestruturas portuarias, para avaliar a súa viabilidade. Neste sentido, analizáronse os permisos necesarios e, no seu caso, as tramitacións necesarias de concesións ou autorizacións para desenvolver as actuacións que se propoñen.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES