O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha reunión de traballo coa responsable da organización da proba de natación de ultrafondo Tripla Coroa-illas Atlánticas, Beatriz Alvariño, na sede do ente público.
Durante o encontro, o representante autonómico confirmou a vontade de colaboración da Consellería do Mar coa celebración deste evento deportivo que finalizará no porto de Baiona o 12 de setembro deste ano. Desde o ente público favorecerase a loxística da proba no porto baionés, de titularidade autonómica. Entre outras accións, Portos de Galicia cederá unha parte dun terreo situado entre a lonxa e a estación marítima para ocupación temporal con materiais da proba, fundamentalmente os kaiaks nos que os deportistas realizarán unha saída pola ría coa que se complementa a proba de natación. Ademais, contarase co apoio de Gardacostas e a Dirección xeral de Pesca.
Fonte: Consellería do Mar
