A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse co alcalde de Valga, José María Bello, para profundar en asuntos relacionados co funcionamento do embarcadoiro de pasaxeiros que está operativo no municipio.
Durante o encontro, ambos os representantes institucionais, abordaron o estado e funcionamento do pantalán instalado por Portos de Galicia en 2021 con base nun convenio de colaboración co Concello para dar resposta á crecente demanda do turismo náutico conectado coa ría de Arousa. Villaverde e Bello coincidiron en destacar a importancia deste tipo de infraestruturas para dinamizar economicamente un territorio e dar servizos que redunden en beneficio do conxunto da localidade e a súa contorna.
Fonte: Consellería do Mar
