O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) acolleu o 18 de marzo en Santiago a firma do acordo de financiamento de Seafood Legacy Spain S.L. para o desenvolvemento dun proxecto estratéxico de acuicultura sostible en Burela (Lugo), baseado en sistemas avanzados de recirculación de auga. A iniciativa, que o Igape apoia cun préstamo de 5 millóns de euros, impulsa a posta en marcha da primeira planta de cría de salmón da comunidade galega, que ocupará unha parcela de preto de 20.000 m² no porto burelense e que se estima que creará ao redor dun cento de postos de traballo directos e indirectos.
Fonte: Consellería do Mar
