Marta Villaverde participa na inauguración da IV Festa do Marisco de Ferrol

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o venres 27 de marzo na inauguración da IV Festa do Marisco de Ferrol, unha das citas de referencia no calendario gastronómico e turístico de Galicia no marco da Semana Santa. Desde o pasado 27 de marzo ata o día 5 de abril, a cidade naval converterase no escaparate da excelencia dos produtos do mar e do conxunto do sector marítimo-pesqueiro, contribuíndo á súa posta en valor tanto desde o punto de vista económico como pola repercusión social e territorial que supón a celebración para a contorna.

A titular de Mar, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, destacou a colaboración da Xunta con este tipo de eventos, dado que “son altofalantes do moito e bo que temos e dun sector esencial para o desenvolvemento das vilas costeiras, pois xera emprego e axuda a fixar poboación nas localidades do litoral galego”, afirmou.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES