A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu na tarde do 28 de marzo, con motivo do Día do Mar, ao partido da máxima categoría de baloncesto masculino no que se enfrontaron o CB Breogán e o Baxi Manresa, patrocinado pola Consellería do Mar.
Villaverde puxo en valor este tipo de accións, xa que profundan na promoción e recoñecemento dos produtos das rías galegas e dun sector que é estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico da comunidade e tamén da provincia de Lugo. “Debemos lembrar que A Mariña alberga dous dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia e do noroeste peninsular”, subliñou a conselleira.
Fonte: Consellería do Mar
