Prazo: Ata o 30 de setembro de 2026, ás 14:00 h, salvo que se produza o esgotamento do crédito con anterioridade.
Descrición:
Apoiar o desenvolvemento e a consolidación de startups mediante axudas económicas destinadas a financiar gastos e investimentos vinculados ao desenvolvemento da súa actividade empresarial en Galicia, co obxectivo de impulsar proxectos de emprendemento innovador con modelos de negocio escalables e reforzar o ecosistema emprendedor galego
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios:
- Startups
- Galegas ou con centro de traballo en Galicia
- Persoas xurídicas que cumpran a definición de startup segundo o artigo 3 da Lei 28/2022, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes
- Empresas de nova creación ou cunha antigüidade máxima de:
- 5 anos, con carácter xeral
- 7 anos en sectores estratéxicos (biotecnoloxía, enerxía, industrial ou outros de base tecnolóxica)
Requisitos principais:
- Ter a condición de startup no momento da solicitude
- Non distribuír dividendos
- Non cotizar nun mercado regulado
- Ter sede social, domicilio social ou establecemento permanente en España
- Desenvolver un proxecto de emprendemento innovador con modelo de negocio escalable
- Realizar os gastos subvencionables desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data de presentación da solicitude
- Presentar unha única solicitude por convocatoria
Orzamento:
O orzamento total destinado a esta convocatoria é de 1.500.000 euros
Características da axuda:
- Subvención a fondo perdido
- Concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes
- Axuda suxeita ao réxime de mínimis
- A subvención financia gastos e investimentos vinculados á actividade da startup en Galicia
Xustificación e pagamento:
- A axuda concédese para financiar gastos e investimentos directamente relacionados coa actividade empresarial da startup
- Será necesario xustificar a correcta execución e o pago dos gastos subvencionados
- O pago realizarase tras a comprobación da xustificación presentada conforme as bases reguladoras
Ligazón: ORDE do 16 de xaneiro de 2026
