Subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, Federación de Confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2026

Prazo: Ata o 4 de maio de 2026 como 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO.

Descrición:

Apoiar ás confrarías de pescadoras e pescadores, á Federación de Confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra mediante subvencións destinadas a financiar investimentos e gastos correntes, co obxectivo de mellorar e garantir a sustentabilidade da actividade pesqueira e marisqueira durante o exercicio 2026, especialmente nun contexto marcado polos efectos dos temporais e a crise do sector nos últimos anos.

Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios:

  • Confrarías de pescadoras e pescadores
  • Federación de Confradías
  • Agrupacións de mariscadoras

Sempre que:

  • Estean legalmente constituídas
  • Pertenzan á provincia de Pontevedra
  • Estean ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social


Requisitos principais:

  • Pertencer á provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiarias
  • Presentar a solicitude por medios electrónicos
  • Xustificar adecuadamente os gastos subvencionados
  • Cumprir coas obrigas de publicidade e difusión do financiamento recibido
  • Manter os investimentos subvencionados durante un período mínimo de 4 anos

Orzamento:

O orzamento total destinado a esta convocatoria é de 350.000 euros, distribuídos en dúas liñas:

  • Investimentos: 100.000 €
  • Gastos correntes: 250.000 €

Características da axuda:

  • Subvención a fondo perdido
  • Réxime de concorrencia competitiva
  • Porcentaxe máxima subvencionable: 80% do orzamento
  • Importe da subvención:
    • Mínimo: 600 €
    • Máximo: 20.000 €
  • Compatible con outras axudas, sempre que non se supere o custo total da actividade subvencionada.

Xustificación e pagamento:

  • A axuda concédese para financiar investimentos e gastos correntes directamente relacionados coa actividade da entidade beneficiaria
  • Será necesario xustificar a correcta execución e o pagamento dos gastos subvencionados
  • O prazo máximo de execución remata o 31 de decembro de 2026
  • O prazo máximo de xustificación será ata o 31 de marzo de 2027
  • O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria, tras a comprobación da documentación xustificativa conforme ás bases reguladoras

Ligazón: Boletín oficial da provincia de Pontevedra

gl_ESGL_ES