Villaverde destaca a aposta de Stolt Sea Farm pola innovación e o seu papel no desenvolvemento da acuicultura en Galicia

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o 31 de marzo as instalacións de Stolt Sea Farm en Lira, unha das plantas de referencia internacional na produción de rodaballo e linguado e a cuxa modernización contribuíu o apoio da Xunta a través do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa). Alí destacou a aposta da firma pola innovación e o seu papel no desenvolvemento da acuicultura en Galicia.

A conselleira puxo en valor o papel estratéxico desta compañía, tanto polo seu volume produtivo como pola súa eficiencia e a sustentabilidade. Neste contexto, Villaverde afondou no apoio da Administración autonómica ao desenvolvemento do sector, lembrando que a Consellaría do Mar concedeu a Stolt Sea Farm, ao amparo da convocatoria do 2025 do Fempa, unha axuda de máis de 13,2 millóns de euros para a execución de oito proxectos nas súas plantas de Cervo e Vilán (Camariñas).

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES