A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro de Galicia, Ángeles V. Suárez, percorreu as instalacións da Escola de Formación Náutico-Pesqueira de Ribeira, onde puxo en valor a importancia da formación especializada como piar para garantir a competitividade, a sustentabilidade e a renovación xeracional no sector marítimo-pesqueiro galego.
Durante o percorrido, a directora xeral coñeceu de primeira man os programas formativos que se imparten no centro, así como os recursos técnicos e humanos dos que dispón. A escola conta desde hai unhas semanas cun novo equipo directivo, polo que a directora xeral tamén aproveitou a visita para compartir coa dirección novas impresións sobre os retos e oportunidades do sector.
Fonte: Industrias Pesqueras
