IG408B – PRÉSTAMOS DIRECTOS – 1. Préstamos para proxectos de investimento (2026)

Prazo: Ata o 1 de diciembre de 2026 as 14:00 h.

Descrición:

Apoiar financeiramente ás empresas mediante préstamos directos destinados a financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento empresarial, a competitividade e o crecemento económico en Galicia no ano 2026.

Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios:

  • Empresas, incluíndo persoas físicas
  • Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas
  • Agrupacións de interese económico
  • Sociedades civís e comunidades de bens

Que realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos principais:

  • Desenvolver unha iniciativa empresarial nun centro de traballo en Galicia
  • Cumprir cos requisitos de solvencia e capacidade financiera establecidos nas bases reguladoras
  • Presentar un proxecto de investimento que cumpra cos importes mínimos exixidos segundo o tipo de actuación e sector
  • Que polo menos o 25% do volume de financiamento do proxecto estea exento de apoio público
  • Presentar a solicitude dentro do prazo establecido
  • Presentar a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través da aplicación habilitada polo IGAPE

Orzamento:

A convocatoria conta con dotación orzamentaria limitada, resolvéndose as solicitudes por orde de cumprimento dos requisitos ata o esgotamento do crédito dispoñible

Características da axuda:

  • Préstamos directos do IGAPE
  • Réxime de concorrencia non competitiva
  • Operacións que poden incluír axuda implícita en forma de bonificación do tipo de xuro (axudas de minimis)
  • Posibilidade de préstamos acollidos ao programa de garantías InvestEU
  • Financiamento de ata o 75 % do custo do proxecto financiable
  • Prazo máximo de amortización de ata 12 anos, con posibilidade de carencia

Xustificación e pagamento:

  • O préstamo concédese para financiar os investimentos recollidos no proxecto aprobado
  • A persoa beneficiaria deberá cumprir coas obrigas de xustificación e coas condicións establecidas nas bases reguladoras
  • O desembolso e as condicións de pagamento realizaranse conforme ao acordado na resolución de concesión e no contrato do préstamo

Ligazón:Últimas Ayudas

gl_ESGL_ES