A conselleira do Mar, Marta Villaverde, confirmou ao presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, o apoio da Xunta á que será a quinta edición da feira Gastromar.
Con este anuncio, a responsable autonómica reafirmou o compromiso do Goberno galego ao impulso e promoción dos produtos pesqueiros e que teñen neste tipo de encontros un extraordinario escaparate para enxalzar a súa calidade.
Así o subliñou a conselleira ao indicar que estas iniciativas reforzan a cadea mar-industria e fomentan o consumo de peixe e marisco á vez que promoven o talento culinario de Galicia. “Gastromar representa unha oportunidade única para achegar o mar á cidadanía e para poñer en valor o traballo dos profesionais do sector”, remarcou.
Fonte: Consellería do Mar
