A Xunta e o sector avanzan na Mesa del Pulpo na definición do plan de xestión para a campaña 2026/27

O director xeneral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou o 9 de abril nunha nova reunión da Mesa del Pulpo xunto aos representantes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e das federacións provinciais. O obxectivo principal deste encontro foi seguir avanzando no deseño e na concreción do plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) para a campaña 2026/27.

Tras a primeira toma de contacto celebrada o pasado mes de febreiro, na que se sentaron as bases e fíxose un balance satisfactorio da actual campaña, a reunión do 9 de abril garante a continuidade destes contactos co obxectivo de avaliar en detalle as achegas presentadas polo sector. A meta principal da Consellería do Mar é terminar de elaborar o plan nesta mesa de traballo conxunto, da cal sairá o texto definitivo xa acordado por consenso entre a Administración e as entidades.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES