A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou o 16 de abril a Confraría de Pescadores de Laxe para avaliar o impacto das distintas liñas de axuda que a Consellería do Mar mantén activas na zona. Alí, a representante autonómica destacou que nos últimos anos a Xunta apoiou a esta entidade con axudas que suman máis de 270.000 euros, un investimento clave para o sector pesqueiro da zona.
Ángeles V. Suárez subliñou o peso social da confraría, composta actualmente por máis de 60 persoas, que constitúe un piar económico fundamental para o municipio e a comarca. A representante da Consellería incidiu na solidez da actividade no porto, cunha cifra de negocios que superou os 1,45 millóns de euros no último exercicio, o que reflicte o éxito da colaboración entre a Administración e o sector mar-industria.
Fonte: Consellería do Mar
