O DOG publicou o 20 de abril o novo baremo para a obtención do permiso de explotación para marisqueo a pé

A Consellería do Mar publicou o 20 de abril no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se establece o novo baremo aplicable á valoración das solicitudes para a obtención do permiso de explotación para o marisqueo a pé, e que substituirá ao aprobado no ano 2013.

Esta actuación enmárcase no exercicio das competencias atribuídas á Consellería do Mar e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en materia de ordenación do marisqueo, establecemento das condicións para o exercicio da actividade e xestión sostible dos recursos mariños, de conformidade co disposto no Decreto 50/2021, do 11 de marzo.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES