A Xunta e o sector acordan o novo plan do polbo tras unha campaña que alcanza un balance positivo de case 1.327 toneladas e 14,75 M€


A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e o sector pesqueiro acordaron os termos do plan experimental para a xestión do polbo correspondente á campaña 2026-2027. O obxectivo deste documento é dar continuidade ás medidas técnicas consensuadas nos últimos anos, as cales están a permitir a recuperación da especie tras as baixadas produtivas, axustando a pesca ao seu ciclo biolóxico.

Segundo o establecido neste novo plan, a actual campaña de pesca finalizará ás 23.59 horas do 1 de maio, momento exacto no que se iniciará o período de veda biolóxica para o cefalópodo. Esta parada obrigatoria da actividade prolongarase durante os meses de maio e xuño, terminando ás 05.00 horas do 1 de xullo.

Durante este período de dous meses queda expresamente prohibida a captura, tenencia a bordo, transbordo, desembarco, almacenamento, venda ou comercialización do polbo por medio de calquera arte. Ademais, as embarcacións que se dedican á súa captura coa arte da nasa deberán retirar estes aparellos do seu calamento e levalos a porto.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES