Mar e “A Ostreira” exploran posibles vías para impulsar a competitividade do sector marítimo-pesqueiro

O director xeneral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes da empresa A Ostreira para analizar os proxectos de futuro da compañía e consolidar as vías de colaboración. Isaac Rosón destacou que empresas especializadas como A Ostreira desempeñan un papel estratéxico e fundamental dentro do complexo marítimo-pesqueiro, actuando como verdadeiros motores de innovación, xeración de emprego e desenvolvemento socioeconómico nas zonas costeiras.

Neste sentido, o director xeral avogou por seguir estreitando a coordinación público-privada como a mellor fórmula para afrontar os retos do mercado, reafirmando o compromiso do Goberno galego á hora de acompañar ao tecido empresarial nos seus plans de expansión e garantir que Galicia siga sendo o gran referente de excelencia a nivel global.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES