Portos de Galicia inicia as obras de reforzo do abrigo de Barallobre, en Fene, cun orzamento de 900.000 €

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, comezou as obras de reforzo do abrigo do peirao de Barallobre, no municipio coruñés de Fene, nas que investirá 900.000 euros. Así o comunicou a mañá do 30 de abril o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, nunha visita á dársena na que estivo acompañado do patrón maior e representantes municipais.

O presidente do ente público lembrou que esta actuación, que acaba de iniciarse en fábrica, tramitouse por procedemento de emerxencia tras os danos producidos polo tren de borrascas de xaneiro e febreiro para evitar riscos sobre os usuarios, a flota e os servizos do porto. Tras unha inspección exhaustiva do conxunto da estrutura existente ata o momento e afectada polos temporais, procederase agora á instalación dun dique flotante con elementos de formigón para maior resistencia e garantía a longo prazo. Ademais, repararanse as instalacións de abrigo que tamén rexistraron danos.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES