A conselleira do Mar participou o 28 de abril na inauguración do IV Foro Galicia de Sustentabilidade Global de Produtos do Mar (GSSG), que reúne en Vigo a expertos e profesionais do ámbito pesqueiro de todo o mundo, e onde puxo en valor o papel da comunidade como referente na xestión sostible dos recursos mariños e na produción responsable de alimentos do mar e a acuicultura.
Durante a súa intervención, destacou que a celebración deste encontro responde á estreita vinculación de Galicia co mar, tanto desde o punto de vista cultural como económico e social. Neste sentido, lembrou que o sector mar-industria constitúe un dos piares fundamentais da economía galega e unha fonte crave de emprego e oportunidades.
Fonte: Consellería do Mar
