A Xunta de Galicia deu o 6 de maio un paso decisivo na blindaxe do futuro e a competitividade do sector marítimo-pesqueiro galego investindo máis de 2 millóns de euros ata 2028 para seguir avanzando na transformación dixital das lonxas galegas.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinaron na lonxa de Tragove, en Cambados, un acordo de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería do Mar para o financiamento sostible e o desenvolvemento evolutivo do proxecto ‘Lonxas Galegas 4.0’.
Durante o acto, a titular de Mar destacou que este acordo enmárcase no obxectivo do Goberno galego para que nesa data “o 100% dos nosos establecementos de primeira venda operen cos estándares tecnolóxicos máis avanzados de Europa”.
Fonte: Consellería do Mar
