Prazo: Desde 7 días hábiles tras a publicación no DOG ata o 31 de outubro de 2026 ou ata esgotamento do crédito
Descrición:
Estas axudas teñen por obxectivo fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro mediante a formación práctica de estudantes de ciclos formativos náutico‑pesqueiros, facilitando o seu embarque en buques de pesca.
A iniciativa apoia os armadores que colaboran nesta formación, contribuíndo á incorporación de novos profesionais ao sector marítimo‑pesqueiro.
Beneficiarios:
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas ou xurídicas (armadores):
- Rexistrados no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia
- Que faciliten o embarque de estudantes que necesiten realizar prácticas para obter a súa titulación profesional marítimo‑pesqueira.
Requisitos principais:
As entidades solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
- Ser armador dun buque pesqueiro rexistrado en Galicia
- Ter o buque con porto basee en Galicia
- Estar dado de alta na 3ª lista do Rexistro de Buques e Empresas Navieiras
- Facilitar a formación práctica do alumnado a bordo
- Titorizar ao estudante durante o período de embarque
- Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei Xeral de Subvencións
Orzamento:
O orzamento total da convocatoria ascende a 350.000 €, cofinanciado:
- 70 % polo FEMPA
- 30 % pola Xunta de Galicia
Características da axuda:
- Tipo: Subvención en concorrencia non competitiva (por orde de solicitude)
- Intensidade da axuda: Cofinanciamento do 70 % (FEMPA)
- Límite: Máximo 2 estudantes por buque e período de embarque.
- Período subvencionable: do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2026.
Gastos subvencionables:
Manutención: 33,26 €/estudante/día
Equipamento e roupa de traballo: ata 500 € por estudante
Custos indirectos: 7% adicional
Gastos de desprazamento
Xustificación e pago
O pago da axuda realizarase nun único abono, condicionado a:
- A realización efectiva das prácticas a bordo
- A correcta xustificación dos gastos subvencionables
- O cumprimento das condicións establecidas na convocatoria
Non se poderá efectuar o pago se a entidade beneficiaria non se atopa ao corrente das súas obrigacións tributarias ou coa Seguridade Social.
