A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou no cóctel de benvida ás participantes na X Copa do Mundo de Natación Artística que se celebrou en Pontevedra e que tamén terá a esta cidade como anfitrioa nas edicións de 2027 e 2028.
A Xunta promove o desenvolvemento desta cita deportiva no marco da estratexia de proxección internacional de Galicia e de promoción e posta en valor dos nosos produtos do mar. Así o indicou Villaverde quen remarcou que o apoio do departamento que dirixe non só permite “achegar ás deportistas e delegacións de máis de 25 países a calidade e a excelencia do que ofrecemos”, senón que tamén reforza a presenza de comunidade a nivel mundial, ao formar parte da rede de sedes desta competición xunto a cidades como París, Xián, Toronto ou Medellín.
Fonte: Consellería do Mar
