O prazo para a extracción de semente de mexillón no medio natural para o seu engorde en batea volve ampliar. Faio por un mes máis, ata o 30 de xuño. Así se acordou na Comisión do Mexillón, presidida pola conselleira do Mar, Marta Villaverde.
Deste xeito, a campaña de extracción de semente, que tiña fixada a súa data de finalización para o pasado 31 de maio tras a prórroga acordada na anterior sesión, estenderase de xeito excepcional durante todo este mes de xuño coa finalidade de facilitar o abastecemento deste recurso e garantir a produción das bateas galegas.
Fonte: Industrias pesqueras
