A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para a remuda xeracional no sector pesqueiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 26 de maio a segunda convocatoria de axudas para impulsar a remuda xeracional no sector pesqueiro. A iniciativa, dotada con 350.000 euros, está cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).

Segundo informou a Xunta, o obxectivo das axudas é apoiar os armadores que colaboran facilitando o embarque de estudantes que necesitan completar a súa formación profesional en buques pesqueiros.

Os estudantes realizarán prácticas nun buque de pesca e coñecerán as melloras alcanzadas nos últimos anos en materia laboral e de seguridade. As axudas permitirán aos armadores compensar parte dos gastos derivados da manutención, equipamento e roupa de traballo do alumnado embarcado.

Como novidade, tamén se poden cubrir os gastos de desprazamento ata o lugar de embarque.

Fonte: Europa press

La Xunta abre el plazo de solicitud de las ayudas para el relevo generacional en el sector pesquero

gl_ESGL_ES