O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as convocatorias de bolsas de formación impulsadas pola Consellería do Mar, que buscan fomentar a capacitación práctica e a inserción laboral de titulados de Formación Profesional na investigación mariña e a acuicultura. Ábrese un mes de prazo para formalizar a inscrición, contando a partir do xoves, 4 de xuño,
En total, ofértanse 10 bolsas formativas, 4 de prácticas para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) e 6 para persoal auxiliar de investigación mariña no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA).
Fonte: Industrias Pesqueras
