O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o luns, 8 de xuño, a convocatoria de axudas da Consellería do Mar para mellorar a xestión da pesca artesanal, cuxo prazo de solicitude abrirase ao día seguinte e permanecerá aberto durante un mes.
A convocatoria conta cun orzamento de 5,1 millóns de euros para o período 2026-2027 e está cofinanciada nun 70% polo fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
Poderán optar a estas subvencións as entidades cogestoras dos plans de xestión dos recursos mariños, as organizacións de produtores de base do sector pesqueiro, as corporacións de dereito público de base asociativa e outras entidades representativas do sector de ámbito autonómico.
Fonte: Consellería do Mar
