TR349Z – Subvención para organismos intermedios que contraten persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+GALICIA 2021-2027

Prazo:12/06/2026 00:00 – 13/07/2026 23:59

Descrición:
A concesión de subvencións destinadas a fomentar o emprego xuvenil mediante a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil por parte de organismos intermedios sen ánimo de lucro.

As axudas financian a contratación durante un período aproximado de nove meses, co obxectivo de proporcionar ás persoas mozas unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Beneficiarios:

Os organismos intermedios sen ánimo de lucro que, á data de publicación da presente convocatoria, estean constituídos e rexistrados no correspondente rexistro (de asociacións, de agrupacións industriais empresariais, de asociacións profesionais de traballadores autónomos, de agrupacións empresariais, etc) e dispoñan de centro de traballo en Galicia (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, agrupacións industriais empresariais e consellos reguladores, de acordo coas definicións do artigo 5 destas bases reguladoras). Incluiranse dentro destas entidades:

  • Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, e de carácter tecnolóxico.
  • Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
  • Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen a un colectivo de empresas galegas.
  • Agrupacións industriais empresariais.
  • Asociacións de persoas autónomas

Requisitos principais:

  • Ser organismo intermedio sen ánimo de lucro e estar inscrito no rexistro correspondente.
  • Dispor de centro de traballo en Galicia.
  • Contratar persoas mozas que:
    • estean desempregadas
    • estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • As persoas contratadas deben desenvolver tarefas relacionadas coa actividade da entidade.
  • A contratación debe permitir adquirir experiencia profesional real.

Orzamento:
Contías por grupo de cotización:

  • 23.606,03 € → Enxeñeiros/as e licenciados/as
  • 19.576,17 € → Enxeñeiros/as técnicos/as, peritos e axudantes titulados/as
  • 17.030,80 € → Xefes/as administrativos/as e de taller
  • 16.902,64 € →
  • axudantes non titulados/as
  • administrativos/as
  • auxiliares
  • oficiais
  • peóns/as

Características da axuda:

  • Financiamento de contratacións (non investimento nin proxectos empresariais directos)
  • Duración aproximada: 9 meses a xornada completa
  • Ámbito autonómico (Galicia)
  • En réxime de concorrencia competitiva

Xustificación e pagamento:

  • Establécese un custo unitario por persoa nova contratada a xornada completa durante 9 meses
  • A axuda concédese mediante un método de custos simplificados

Ligazón: DOG 108 del 11/6/2026 – ORDEN de 22 de mayo de 2026 por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de subvenciones destinadas a la contratación de personas jóvenes inscritas en el Sistema Nacional de Garantía Juvenil, en el ámbito de la Comunidad Autónoma de Galicia, a través de la colaboración con entidades locales y organismos intermedios sin ánimo de lucro, cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se convocan para el año 2026 (códigos de procedimiento TR350E y TR349Z).

gl_ESGL_ES