A Xunta consolida a súa aposta estratéxica pola formación como unha das principais ferramentas para garantir o futuro do sector marítimo-pesqueiro galego. Así o destacou o 8 de xuño a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, na Comisión 8.*ª do Parlamento, onde fixo balance das actuacións impulsadas pola Consellería do Mar para fortalecer a capacitación profesional, favorecer a incorporación de novos traballadores ao mar e mellorar a competitividade da cadea mar-industria.
Neste contexto, anunciou que os orzamentos de 2026 destinan máis de 4,3 millóns de euros á formación náutico-pesqueira, o maior esforzo investidor dos últimos exercicios, o que supón un incremento do 27,77% respecto ao exercicio anterior. Esta aposta, segundo remarcou V. Suárez, “permite seguir fortalecendo a colaboración coas confrarías, organizacións de produtores, cooperativas e asociacións profesionais para adaptar a oferta formativa ás necesidades reais do sector”.
Fonte: Consellería do Mar
