O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, iniciou o pasado venres 12 de xuño en Vigo os actos conmemorativos do seu 25 aniversario, que se desenvolverán ao longo do ano e, en especial, durante este mes.
A programación comezou coa celebración da reunión ordinaria do Padroado da Fundación que estivo presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen destacou a traxectoria de “excelencia” e “o liderado” do Cetmar que, ao longo de vinte e cinco anos, “logrou consolidar a Galicia como un referente nacional e internacional na xestión sostible dos recursos e na vangarda da economía azul”.
Fonte: Industrias pesqueras
