A Xunta eleva a 418.000€ o orzamento do Centro de Formación A Aixola, un 77% máis que en 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou o 25 de xuño o Centro de Formación A Aixola, no porto de Marín (Pontevedra), para avaliar a súa programación. A dotación económica para 2026 ascende a 418.000 euros, fronte aos 236.286 do ano anterior, o que supón nun incremento do 77%. Este aumento permitiu estender a oferta formativa aos dous semestres do ano. O centro, xestionado polo Cetmar como medio propio instrumental desde 1997, ofrece 168 prazas repartidas en 12 accións formativas de media e curta duración (de 70 a 408 horas) en especialidades como a confección de artes de pesca, electricidade e hidráulica naval, carpintería náutica CNC e reparación de embarcacións neumáticas.

Entre as novidades de 2026 destaca a reactivación do taller de plásticos técnicos, inactivo desde 2017, e unha nova especialización en técnicas avanzadas de infusión e baleiro para fabricar pezas navais máis lixeiras. Os datos de empregabilidade son notables: o 78% do alumnado que pasa por A Aixola atopa emprego nos seis meses seguintes á formación, e o 37% insírese directamente no sector maríño-pesqueiro. O investimento está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)

Noticia | Portal da Consellería do mar

gl_ESGL_ES