A conselleira Marta Villaverde e o patrón maior da Confraría de Pontedeume, Diego Pérez, asinaron o convenio de recuperación dos bancos marisqueiros da área tras os temporais de inverno, dotado con preto de 400.000 euros cofinanciados polo FEMPA. O plan actuará nas zonas entre as Puntas Magdalena e Macuca, con sementeira de 1,8 millóns de unidades de ameixa babosa e actuacións en oito bancos marisqueiros.
Na mesma xornada, a Consellería do Mar presentou o balance de Gardacostas en 2025: 9.760 inspeccións no litoral, 2.589 infraccións detectadas, máis de 36.000 artes de pesca ilegais retiradas e 28.000 quilos de peixe e marisco incautados.
Fonte: GaliciaPress / Europa Press
Noticia | GaliciaPress
