O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse co sector pesqueiro na sede da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para analizar as interaccións da fauna mariña na enseada de San Simón. Durante o encontro avaliouse un proxecto de investigación que comezará en agosto coa colaboración da Federación e da Confraría de Arcade.
A iniciativa pretende identificar medidas concretas que favorezan a convivencia sostible entre as distintas especies mariñas e a actividade extractiva. A Xunta reafirmou o seu compromiso de traballar da man do sector para desenvolver solucións que protexan a biodiversidade mariña sen comprometer a viabilidade económica, a seguridade e o rendemento das artes de pesca tradicionais.
Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Consellería do Mar
