A Xunta actuará de forma urxente na lagoa de Baldaio para protexer o marisqueo e o ecosistema

A Consellería do Mar e a Consellería de Medio Ambiente acordaron un protocolo de actuación urxente na lagoa de Baldaio (Carballo, A Coruña), un espazo integrado na Rede Natura 2000 cuxa conexión natural co mar foise deteriorando, poñendo en perigo tanto os hábitats protexidos como a actividade marisqueira tradicional. A medida máis inmediata é a apertura do canle estuarino coincidindo coa baixamar para restablecer a circulación da auga e os intercambios ecolóxicos co medio mariño.
A proposta implica tamén ao Concello de Carballo e crearase unha comisión técnica de seguimento para deseñar un plan integral a longo prazo. Paralelamente, a Consellería de Medio Ambiente solicitou ao Ministerio de Transición Ecolóxica que repare o espiñón existente e elabore un estudo de dinámica litoral, xa que parte do deterioro atribúese a actuacións sobre o dominio público marítimo-terrestre que son competencia do Estado.

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES